Blogia

Andresadas

Vídeo contra a FAES... todo un contraataque...

Vídeo contra a FAES... todo un contraataque...

Descarga aquí este vídeo de minuto e medio, no que "busca" as verdades da FAES

Tras as eleccións de marzal de 2004, nas que o día 14 dese mes, saiu victorioso o PSOE, multitude de organizacións fascistas afirman ter a verdadeira razón da súa victoria: a manipulación do resultado electoral vén dado polos horribles atentados acontecidos o 11-M... Participaron os socialistas, ou coma eles denominan "la izquierda española" na colocación das bombas? Aproveitaron os socialistas o horrible atentado para lograr captar máis votos o 14 de marzo?...

Estas dúbidas (que non deberían nin tan sequera ser plantexadas), son algunhas das realizadas no bochornoso vídeo da FAES, no que afirma que algunha das primeiras preguntas dos terroristas arrestados foi: Quen gañou as eleccións? Paréceme vergonzoso que alguén poida dicir que un goberno gañou unhas eleccións aproveitándose dalgo de tal gravedade e tan serio coma o 11-M, o atentado máis amargo e con máis víctimas en territorio español...

Non sería que o chamado "voto útil" xurdiu efecto? Non será que máis da metade de España deuse conta que o goberno do PP mentía, inganaba e roubaba ós españois...? O fuel oil non foi esparcido polos socialistas (o cal non quere dicir que se estiveran eles no goberno, non puidese suceder de igual xeito a catástrofe), nin tampouco enviou ás tropas españolas á Guerra do Iraque...

En vez de pensar no 11-M, por que non se preocuparon do resto de graves erros que cometeron durante oito anos???

Este vídeo é toda unha delicatese para todo aquel que queira comparar un con outro...

Onte, agora, sempre... Contra a tortura policial!!!!

Onte, agora, sempre... Contra a tortura policial!!!!

Descarga este vídeo para ver a realidade cos teus propios ollos!!!!

En Iruña, uns xoves trataban de mostrar a súa opinión de xeito pacífico contra o derrumbamento dun edificio histórico pamplonica... Os cánticos e as pancartas destes rapaces non supuñan ningunha ameaza contra ningún navarro ou navarra, e moito menos contra ningún membro do corpo de policía, o cal actuou bombardeándoos con gases lacrimóxenos e lanzando pelotas de goma (non vos imaxinades á velocidade á que sae despedida esa bola e ademáis o peso que ten)...

Máis tarde, unha moza e o seu pai dispoñíanse a voltar para o seu fogar, cando un cordón policial obrigounos a recúar... Unha pequena discusión acabou con feridos, tanto o pai e a filla, coma todos aqueles e aquelas que trataban de auxiliar ós feridos e de chamar a ambulancia...

Que ameaza supón para un policía, armado con pistola, porra, casco, escopetas de goma e gas lacrimóxeno, un cidadán que se dispón a voltar o seu fogar a descansar, a limpa-lo chan, frega-la louza ou desfrutar do mero placer de estar no teu lar? A ETB tratou de rexistrar tódalas imaxes posibles, pero o impedimento das "forzas de seguridade do estado" non permitiu que iso fora posible...

Este é un caso coñecido debido a que foi difundido polos medios de comunicación, pero... Cantos casos se dan no noso país ó ano? Cantas cargas policiais son "necesarias" segundo o goberno para evitar disturbios? A continuación propóñovos unha páxina na que poderedes atopar máis información cara este tema...

Clica aquí para acceder a klinamen... Contra a tortura policial

Don Manuel xa non podía...

Don Manuel xa non podía...

Descarga o desmaio de Don Manuel en pleno mitín

Don Manuel Fraga Iribarne non podía xa co seu corpo... Tanta charliña ía acabar con el... Se e que está moi maior don Manuel, deixe de facer oposición que imos levar un desgusto... (Ou unha alegría)

O rap de Aznar compite co de Fraga

O rap de Aznar compite co de Fraga

Descarga aquí este simpático audio

A continuación introduzco para todos vós, unha peza musical inighualable... O debut de Aznar como rapeiro! Además do coñecido rap do condón de Fraga, que podedes atopar nesta páxina, na sección de humor, Andresinho colga para todos vós esta canción inédita, que resume en dous minutos as grandes palabras que o noso EXPRESIDENTE dixo durante nada máis e nada menos que oito anos... Menos mal que as resumiron nunha canción, porque en realidade tiñan para facer todo un disco...

Köps... Policias en apuros

Köps... Policias en apuros

Descarga aquí o torrent para baixa-la película 

Imaxínanse uns policías que non pidan DNIS, nin vaian a comer de balde ós bares, nin persigan gamberros por semellar seren posuídores de marihuana ou outras drogas que sexan duras? Pois isto lle sucede ós nosos köps... Estes madeiros suecos son un grupiño de coleguillas acostumados á tranquila vida da pequena cidade na que están. Pois ese é o verdadeiro problema: que non hai crimes nin delictos... que todo é tan tranquilo, que eles acaban por ser inúteis... Entre eles, destaca Jacob (interpretado por Fares Fares), un home separado ó coidado dunha filla e acostumado ós fracasos sentimentais coas súas citas a cegas... Por outra parte están Lasse y Agneta (interpretados por Göran Ragnerstam e Sissela Kyle respectivamente), un matrimonio adicado á seguridade da vila dende a maioría da idade. E o outro integrante do corpo de policía desta vila é Benny (Torkel Petersson), un policía obsesionado coas películas de acción americanas e ansioso por converterse nun heroe e preparado para todo...

Ademais deles, está Hakan (encargado da comisaría, interpretado por Erik Ahrnbom) e o seu can, experto en colocarse a dúas patas coma os coellos... A falta de delincuencia na cidade, impide que a comisaría pode continuar aberta e iníciase a plantexar un suposto cerre para reducir impostos... Que farán os madeiros pola súa querida comisaría?

Os haicus... poemas xaponeses...

É que hai que saber de todo... Senón temos intelixencia e cultura... Que nos queda?...

Neste artigo gustaríame falar dunha lírica pouco coñecida e que rompe as barreiras da creatividade e orixinalidade... O haicus... Estes poemas proveñen do imperio do sol nacente, é unha das estructuras poéticas máis tradicionais dos nipóns... Previo ó haiku (é con k a forma orixinal, aínda que ó pasalo ó galego escribímolo con c), existía o hokku, pero no século XIX, Masao Shiki separou o hokku e creou o primeiro haicu, sendo así o creador e primeiro escritor de haicus da historia...

O haicu son tres versos cuxa estructura consta de cinco, sete e cinco sílabas, e están carentes de rima. A palabra clave destes poemas é o kigo, o cal fai referencia á estación do ano na que situaríamos a poesía... Segundo algúns pensadores, o haicu debería fusionar dúas imaxes, creando unha no primeiro verso, outra no segundo e uníndoas no terceiro e último verso, de forma que cree un binomio fantasioso... Á pausa realizada nun dos dous primeiros versos, para dárlle cohesión o poema denomínase kireji... Pero todas estas regras soen ser quebrantadas, e acábanse facendo haicus sen facer caso nin sequera á estructura... Estes poemas soían reflexar paisaxes, lugares, panorámicas, cabios de estacións e tamén referencias o tempo atmosférico... Pero agora calquera cousa pode ser "haicuada"...

Neste enlace poderás ver os millores haicus en galego...

O Balón de Ouro... O ben preciado de France Football

O Balón de Ouro... O ben preciado de France Football

Este ano, coma todos, toca a lista elaborada por France Football, para determinar cal é o millor xogador do mundo neste ano 2005... Os brasileiros, coma sempre, son dominantes neste tipo de eventos, pero esperamos que os canarinhos deixen algunha migalla para os demais... Porque... Sempre o mesmo... Acaba por cansar... A continuación colócovos a lista dos xogadores nominados:

Adriano, Ballack, Beckham, Buffon, Mauro Camoranesi, Fabio Cannavaro, Jamie Carragher, Petr Cech, Andriy Shevchenko. Grégory Coupet, Cris, Deco, Dida, Didier Drogba, Emerson, Michael Essien, Samuel Eto´o, Luis Figo, Diego Forlán, Luis García, Steven Gerrard, Thierry Henry, Zlatan Ibrahimovic  Juninho, Kaká, Frank Lampard, Roy Makaay, Claude Makelele, Paolo Maldini, Pavel Nedved, Michael Owen, Park Ji-Sung, Andrea Pirlo, Raúl, Juan Román Riquelme, Arjen Robben, Roberto Carlos, Robinho, Ronaldinho, Ronaldo, Cristiano Ronaldo, Wayne Rooney, John Terry, Lilian Thuram, David Trezeguet,  Marc van Bommel, Ruud van Nistelrooy, Patrick Vieira, Xavi e Zinedine Zidane.

En negriña aqueles que, baixo o meu punto de vista poden ser galardoados con este balón tan peculiar... Por carreira futbolística ou por tempada 2004-2005 creo que estes son merecedores... Vostedes que opinan?

"Con educación, sempre con educación..."

Descarga aquí o vídeo no que Luar se volve reivindicativo

 

Gayoso estivo descoñecido... Ninguén ía imaxinar que unha protesta podería ser levada a cabo nun programa da Televisión de Galicia... E moito menos no Luar, un dos programas de máxima audiencia da canle. Pero basta xa... Non podiamos máis... As protestas nas rúas resultaban banais e superfluas para os de Madrid... Non nos tomaban en serio... Pero pequenas manifestacións coma esta, ían que o berro NUNCA MÁIS! fora collendo forza. Porque se non apareces na televisión, casi non existes... Agora ou saes nos mass media ou non es ningúen... Internet, a televisión, os medios impresos de relevancia... Se eles non te dan importancia, parece que non a tes...

Aznar, millor non vaias a San Lázaro...

Aznar, millor non vaias a San Lázaro...

Descarga a quí a visita de Aznar a San Lázaro

 

Nunca Máis reúne para nós, os "millores" momentos dos dirixentes do Partido Popular en visitas ó noso país... Non hai máis que ver coma foi recibido Jose María García Aznar o 26 de Xaneiro de 2003, nunha visita á capital de Galicia, onde paseou polas distintas delegacións do goberno e asistiu o pazo de exposicións de Galicia a recibir unha conferencia sobre a situación que estaba a sufrir Galicia naqueles tempos...

Mentres paseaba, aí temos os victores da xente, alabando o noso presidente... Isto é digno de ser escoitado...

Aznar, todo un mestre...

Aznar CentroMan

 

Descarga este desternillante audio...

Aquí tedes o incrible audio no que o noso expresidente lle "contesta" unha pregunta a un alumno en Georgetown... Ó parecer, Jose María Aznar está a dar clases nesta universidade dos Estados Unidos de Política Internacional... Cal será o seu programa? Cales serán os traballos que mandará ós alumnos? Que apuntes dará na clase?... Sen máis descargade este audio e deixade as vosas valiosas opinións...

"Duffman, no puedo respirar"

"Duffman, no puedo respirar"

Descargate a Duffman sen poder respirar...

Neste coñecidísimo episodio, Moe decide facer a ciruxía estética para cambiar de aspecto, xa que o seu deixa moito que desexar... Decátase disto, logo dunha competición de bar-man, na que el sae victorioso... O premio sería aparecer no calendario que esta compañía cervexeira publica tódolos anos... Pero Moe descubre que no mes de Outubro en lugar de aparecer a súa faciana, aparece unha pegatina de Duff... Indignación absoluta... Tras esa pegatina, outra... E outra... E outra... Non había maneira... A solución era a ciruxía... Decídese vingarse de todos aqueles e sobre todo, aquelas que o xuzgaran polo seu físico... O primeiro deles, foi Duffman... A través deste vídeo podemos ve-las consecuencias que trae a vinganza de Moe...

Caneos, caneos e máis caneos...

   Descarga aquí os regates máis espectaculares dos grandes astros da bola

Neste vídeo poderes ver a todos os "artistas" do balón, entre eles, Cristiano Ronaldo, Zinedine Zidane, Robinho, Ronaldo, Ronaldinho, Cafú, Zlatan Ibrahimovic... Tódolos cracks a vosa disposición Laughing

A liga vólvese a poñer interesante...

A liga vólvese a poñer interesante...

O Barça recurtando distancias ós postos de cabeza... O Valencia e o Madrid que case quedan sen extremidades no campo... E o Xetafe de Bernd Schuster unha vez máis, é o líder nesta tempada por terceira vez... Os galegos podemos sentirnos orgullosos, dun Celta que está a bater récords neste arranque ligueiro...

Mentres se lle acusa ós árbitros de persecución e de favoritismos en contra do Real Madrid, o certo é que os merengues non realizan o xogo do que deberían facer gala... Continúan nos postos altos, pero esta derrota na casa afúndeos moralmente de xeito inimaxinable... O Valencia deste xeito, empata a puntos cos brancos, deixando atrás o seu preocupante comezo de liga...

O Athletic non levanta cabeza, e Mendilibar que tampouco a levante xa que está a piques de ser destituido polo xunta directiva do clube... Unha derrota contra o Cádiz, pon os leóns contra as cordas... O Deportivo, tralo seu épico empate fronte o Barcelona, perde en San Sebastián por dous goles a cero, severo castigo para os de Caparrós

Dark Water... Terror á xaponesa e remake á americana...

Dark Water... Terror á xaponesa e remake á americana...

Xa un pouco cansadiño dos remakes... Todos acaban vendo a película americana... E, se a xaponesa deixa o seu que desexar, non me quero nin imaxinar coma será a americana... Moito efecto especial, moita carallada, pero ó final rouban ideas, argumentos e ilusións...

Pois eu penso falar da película xaponesa, que por outra parte é a que vin. A historia fala dunha muller que o pasou moi mal durante a súa infancia... A súa nai era moi egoísta, e non pensaba máis que en si mesma... Descoidaba da súa filla e nunca a ía buscar á gardería... Agora coa súa filla, ela non quere que pase o mesmo... Tras divorciarse do seu marido, a muller goza da compañía da súa filla Ikuko, unha mociña de tan só 6 aniños. Múdanse cara outra casa, aparentemente en bo estado... De súpeto, descobren unha goteira, que se expande de maneira sospeitosa por toda a casa... Por outra banda, a nai, preocupada por atopar traballo e pola disputa co seu marido pola custodia da nena, Ikuko queda esquecida en certa medida pola nai, e comeza a ter amizade cunha nena misteriosa... Mentres, a goteira séguese expandendo... Unha carteira vermella aparece no tellado do edificio novo onde elas viven... despois aparece no cubo de basura... logo volve a aparecer no tellado... Despois tena Ikuko no seu ombreiro.... De quen é esa carteira? Que pasa coa goteira?...

O meu parecer, a película faise un pouco lenta, xa que non transcorre nada de interese durante os primeiros corenta minutos, a acción comeza máis tarde... A música está moi lograda para suscitar tensión, e levas un par de sustos considerables, pero... Isto non é terror, nin moito menos... Realizada polo escritor Suzuki e o guionista Hiroshi entre outros, creadores entre outras de películas coma The Ring, A maldición e Chamada Perdida... Case todas cos seus respectivos remakes americanos, por desgraza, o que fai que os que vaian ó cine vexan un producto copia, en vez de o orixinal... De todas maneiras, o máximo expoñente deste xénero, vai ser moi difícil de superar... The Ring foi unha película galadornada entre outros, no festival de Sitges polo mellor director... Pero, sinceiramente, este xénero de misterio poderíase dicir, é innovador, pero os argumentos carecen, en moitas ocasións, de solidez. Cando ves outra película deste estilo, tes a sensación de habela visto... E iso frustra moito, a verdade...

 

Anti, anti, anti... spot nike...

Anti, anti, anti... spot nike...

Aquí tedes este simpático "spot" contra nike... Descargádeo sen dudalo

Lembrades aquel spot no que xogadores de baloncesto facían virguerías de todo tipo co balón cunha sonido de zapatillas deportivas chirriando contra o chan??? Supoño que si... Pois este é o antispot dese anuncio da compañía Nike... Estes xogadores fan de todo salvo virguerías co balón, e iso... se o dan collido... vamos a ver, baíxannos á terra a todos os que non damos feito o mesmo cos deportistas... Este vídeo, vén, coma de costume, por cortesía de El Rellano... Por certo, para máis inri... o spot está feito pola propia compañía... Parece ser que os explotadores, tamén teñen sentido do humor...

Quiere hacer ahora el puñetero favor de largarse de una vez?

Quiere hacer ahora el puñetero favor de largarse de una vez?

Aquí tedes ó EXPRESIDENTE alteradísimo, non se sabe moi ben porqué... Descarga!

Un cámara de Antena 3 arriscou o seu pescozo dando á luz a través de Internet, un vídeo no que Don Manuel acaba moi furioso co seu asesor de imaxe... O daquela presidente tiña mal a chaqueta e iso podía perxudica-lo de maneira moi grave... Nin sorriso de Jack Nickholson, nin destello na calva do Photoshop... O presidente chégalle con quedar mal diante de todo o país... Andresinho ofrécevos este vídeo... Ademais desta páxina, podédelo atopar en diversas webs... Pero xa que estades... Non vaiades ata El Rellano... Laughing

O Guiñol, desmadre á americana

O Guiñol, desmadre á americana

 Clica aquí para descarga-lo vídeo

A continuación cólgovos un vídeo do programa de Canal Plus, As noticias do Guiñol, no cal, vemos como se toman o Trío das Azores as resolucións da ONU e os mitíns oportunos que deben dar ó resto da poboación para explica-los motivos da guerra... pouco máis hai que dicir destes simpáticos personaxes, con máis de dez anos de historia...

 

A coñecidísima carta a Papá Noel...

A coñecidísima carta a Papá Noel...

Descarga aquí a carta en arquivo mp3

Esta carta, escrita por Nano (non sei se é o mesmo que o chiste de Bush), e difundida por Gomaespuma... Non sei que máis dicir desta carta, soamente que é unha das pezas de humor de máis éxito e máis coñecida de todas... A carta está en castelán...

Querido Santa Claus:

Te extrañará que te escriba hoy 26 de Diciembre, pero quiero aclarar ciertas cosas que me han ocurrido desde que te mandé mi carta, lleno de ilusiones, en la que te pedía que me trajeras una bicicleta, un tren eléctrico, una nintendo 64 y un par de patines. Quiero comentarte que me maté estudiando todo el año, tanto que no sólo fui de los primeros de la clase, sino que saqué puros dieces en el cole, no te voy a engañar. No hubo nadie que se portara mejor que yo, ni con sus papás, ni con sus hermanitos, ni con sus amiguitos, ni con sus vecinos. Hacía recados SIN COBRAR, ayudaba a los viejecitos a cruzar la calle y no había nunca algo que no hiciera por mis semejantes, y sin embargo, ¡¡¡QUE HUEVOS LOS TUYOS SANTA CLAUS!!!. Es que... dejar debajo del arbolito una puta peonza, una mierda de trompeta y un maldito par de calcetines, ¡QUE CAGADA! ¡Qué hostias te has creído barrigudo? O sea que me porto como un imbécil todo este año para que me vengas con una mierda de este calibre; y no conforme con eso, al maricón del hijo de la vecina, a ese idiota sin educación, malcriado, desobediente que le grita a su mamá, a ese tonto de las pelotas, sí le trajiste todo lo que te pidió. Por eso ahora quiero que venga un terremoto o algo así, para que nos lleve a la mierda a todos, ya que con un Santa Claus como tú, tan incompetente y falso, mejor que nos trague la tierra. Pero eso sí, no dejes de venir el año que viene porque voy a reventar a pedradas a tus putos y sarnosos venados. Empezando por esa mierda de Rudolph que tiene nombre de homosexual. Te los voy a espantar para que tengas que joderte, camiando a pie como yo ¡cabrón!, ya que la bicicleta que te pedí era para ir al colegio, que queda a tomar por culo de mi casa. ¡¡Ah!! Y no quisiera despedirme sin antes mentarte a la madre que te parió, ojalá que cuando hayas subido muy alto se te de la vuelta el puto trineo y te pegues una buena hostia por ser tan hijo puta. Pero eso sí, te advierto que el año que viene vas a saber lo que es un niño maldito, cabrón y un poco hijo puta.

Atentamente, Nano.

P.D. La peonza, la trompeta y el par de calcetines, puedes recogerlos cuando quieras y metértelos por el culo.

Team America... As cancións

Team America... As cancións

Agora gustaríame ofrecervos as cancións que supoñen o fío conductor da película Team America: a policía do mundo. Estas cancións, traducidas ó español, forman parte da continuidade humorística que ten esta película. Cantadas tanto polos personaxes da historia coma por unha voz en off, aquí tedes o amplio surtido para a vosa descarga...

1- Todos teñen SIDA (actuación de Gary Johnston)

2- Se te toca a ti, fódeste e xa está (decisión de Gary antes de ir ó Team)

3- America, fuck yeah! (Misión a Exipto)

4- Só unha femia (escea de amor de Gary e Lisa)

5- Tan soíño (por Kim Jong Il)

A noite dos mortos vivintes

A noite dos mortos vivintes

Esta é a película pioneira de terror que provocou unha nova corrente no cine sanquinolento e de matanzas denominado tecnicamente "splatter films". Realizada polo director George Romero no ano 1968, esta película trata dun exército de mortos que resucitan á vida debido a unha radiación que fai que se lles active o cerebro.
Barbara (Judith O´Dea) e o seu irmán Johnny (Rusell Streiner) diríxense cara un camposanto dunha pequena localidade de Pennsylvania, logo de viaxar moitas horas para chegar ata alí. Vánlle colocar unha coroa o seu padrastro, xa que tódolos anos desaparecía por motivos descoñecidos. De súpeto, aparece un ser que ataca a Barbara. O seu irmán para defendela, abalánzase sobre el, pero este é superior en forza a Johnny, que cae contra unha lápida. Barbara logra escapar, refuxíandose no seu coche e logo correndo ata unha casa cercana. Na casa atópase con Ben (Duan Jones), un home que xa loitara contra estas criaturas e coñecía algúns dos seus puntos febles (coma por exemplo, o lume). Atrinchéranse na casa, clavando madeiras nas portas e ventás... Máis tarde descubren que non están sós. No sótano estaban agachados unha parella (Tom e Judy interpretados por Keith Wayne y Judith Ridley) e a familia Cooper.

Tras conseguir contactar co mundo a través da radio e da televisión, os integrantes da casa buscan alternativas para poder escapar, ou ben refuxiarse de forma segura ata que os rescaten... Escaparán? Quedaránse na casa para que os vaia rescatar? Morirán?...

Creo que esta película é un clásico do cine de terror, e é obrigatorio vela, xa que, deste xeito, entendémola base das outras películas... Aínda que non sexa unha película de calidade, pero o argumento e a dinámica da acción é novedosa na época, e trata de dárlle un sentido e un punto de vista distinto ó cinema.